Rescatan dúas persoas que sairan en piragua desde Lourido e quedaron á deriva preto de Tambo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha embarcación particular rescatou na tarde deste mércores dúas persoas que saíran a pasear nunha piragua desde a praia de Lourido, en Poio, e quedaron á deriva preto da illa de Tambo, en Marín.
Un dos dous ocupantes da piragua alertou ao 112 sobre as 17.00 horas indicando que non eran capaces de volver a terra, estaban nerviosos e comezaban a ter frío. Segundo indicou a Garda Civil, a piragua na que ían empezou a meter auga e afundiu.
Segundo a información do Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, púxose en marcha un operativo de rescate no que informaron ao Servizo de Gardacostas de Galicia, a Salvamento Marítimo e Garda Civil. Salvamento enviou ao lugar a embarcación Paio Gómez Charino e o helicóptero Pesca 2 e Protección Civil mobilizou otra embarcación.
Finalmente, non foi necesario que ningunha embarcación actuase, pois as dúas persoas acabaron sendo rescatadas por unha embarcación particular. Foron trasladados ao peirao de Combarro, onde non foi necesario que recibiran asistencia sanitaria.