O servizo de Gardacostas requisa 243 quilos de especies furtivas na ría de Arousa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A ría de Arousa foi escenario de diversas actuacións do servizo de Gardacostas da Consellería do Mar durante os últimos días, segundo informa a Xunta de Galicia. Os axentes requisaron 243 quilos de diversas especies, 361 aparellos de pesca e 800 metros de arte de enmalle.
O operativo máis destacado produciuse nas zonas de Punta Corbeiro, Punta Colmado e Punta Faxilda, na contorna do Grove, onde os axentes fixéronse con 221 quilos de especies.
A maioría dos quilos comisados corresponden a polbo, 306 nasas e 700 metros de artes de enmalle.