O persoal de Unipost concéntrase en protesta ante os impagos
Por Redacción
O persoal de Unipost, que en Pontevedra conta cunha sede en San Antoniño, desenvolve ao longo desta semana paros parciais e protestas de ata 3 horas diarias ante a falta de pagamentos, débedas e atrasos no pago das nóminas.
Este martes 6 de setembro, a CXT, sindicato con representación nesta empresa convoca unha concentración ás 19.00 horas na Praza da Peregrina.
Unipost é a primeira empresa do sector postal privado e os seus empregados queren reivindicar os seus dereitos ante o que consideran "inxustizas" por parte da empresa durante os últimos anos. Sinalan que sufriron recortes salariais dun 17% na nómina e un 22% nos seus complementos salariais, ademais de sufrir expedientes de regulación de emprego, fraccionamientos de salarios de ata 4 prazos e fraccionamientos de pagas extra de ata dez prazos.
O persoal reclama o pago en prazo e que se lles abonen as cantidades que a empresa lles debe.