Portos de Galicia contratará as obras de dragaxe do Porto de Vilaxoán
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, contratará nos próximos días a obra de dragaxe do porto de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa. Así llo trasladou o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, ao patrón maior da confraría da localidade nun encontro de traballo no porto.
A contratación destas obras vén precedida de tramitación ambiental completa que requiren estas actuacións. Portos de Galicia prevé que as obras poderán comezar nas próximas semanas.
José Juan Durán trasladaba ao patrón maior de Vilaxoán que o orzamento de obra queda fixado en 20.000 euros e que, dado que os sedimentos que se acumulan no fondo mariño ten composición arenosa, poderán ser utilizados para a rexeneración de praias próximas ao porto, aforrando así o traslado a outros puntos de vertedura.
Estas actuacións responden as demandas realizadas por patróns de embarcacións pesqueiras como bateeiras, que reclamaban un aumento do calado do porto.