Un mozo resulta ferido nunha colisión entre tres vehículos en Cambados
Por Redacción
Un mozo de 23 anos, que responde as iniciais J.A.L.G., resultaba ferido nun accidente que se producía ao redor das 12.44 horas no municipio de Cambados, na PO-300 á altura de Aldea O Sineiro, nas proximidades ao Bar Vilariño.
Tres vehículos, unha furgoneta, un Citroën e un Audi víanse implicados neste suceso, segundo sinalaban fontes do servizo de Emerxencias.
O ferido, que conducía o Citroën, foi trasladado por unha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés para ser entendido das diversas contusións sufridas. O persoal do servizo de Emerxencias 112 informou aos profesionais sanitarios, aos membros de Protección Civil e aos axentes da Policía Local. Tamén foron avisados os Bombeiros do Salnés.