O aparcadoiro da rúa de México súmase aos da Calzada e Chan da Barcia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A día de hoxe, Ponte Caldelas está en condicións de ofrecer preto dun milleiro de prazas de aparcamento completamente gratuítas e ben situadas.
O Concello está traballando xa en mellorar a sinalización destes estacionamentos disuasorios nas distintas entradas á vila con vistas ao ano próximo. O incremento na chegada de visitantes, que se ten constatado durante este verán, así o aconsella.
Unha vez que se constatou que os habituais aparcamentos no paseo da Calzada e a carón do campo de fútbol de Chan da Barcia eran insuficientes o equipo de goberno, integrado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, estudou as diferentes opcións e optou por aproveitar diferentes fincas e solares anexos dispoñibles gracias á colaboración dos seus propietarios.
A carón do paseo da Calzada aproveitouse unha gran propiedade e que se converteu no estacionamento idóneo para asistir á primeira edición da Subida a Ponte Caldelas, proba puntuable para o Campionato Galego de Rally de Montaña. A pesar de que máis de 7.000 persoas acudiron a este evento deportivo, non se rexistraron problemas de estacionamento.
Coa chegada das Festas das Dores, e á vista dos resultados acadados, o goberno local optou por profundizar máis nesta liña e habilitou tamén a gran finca existente diante do Concello, xusto na confluencia entre a avenida de Galicia e a rúa de México.