Volve Memoria en rede, lembranzas e novas tecnoloxías en Mourente e Lérez
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Aprender informática e ao mesmo tempo traballar coa memoria recuperando historias, lendas, vivencias persoais. Con esta premisa naceu hai un ano Memoria en rede. Agora recupérase esta iniciativa que levará a cabo en Mourente e tamén, por primeira vez, na parroquia de Lérez.
O concelleiro Alberto Oubiña explicaba na presentación que a partir do 19 de setembro en Lérez e do 20 en Mourente desenvolveranse estes cursos que pretenden conectar estas dúas propostas.
O proxecto ofrecerá dúas modalidades, a de Cerdeiras irá destinada ás persoas con menos coñecementos e a de Carballos será para aquelas persoas con algo máis de coñecemento no mundo da informática, que farán un pequeno repaso ao comezo do curso para despois traballar coa proposta de recuperar a memoria.
Os horarios serán os seguintes:
Luns e miércores, en Lérez e martes e xoves en Mourente
- 16:15 a 18:15 horas, curso básico (Cerdeiras)
- 18:30 a 20:30 horas, curso intermedio (Carballos)
Os interesados deberán inscribirse no Concello ou a través do teléfono 986 80 43 00 extensión 7107. Os cursos están limitados a 15 prazas.
Os traballos que se vaian realizando serán colgados no blogue de Memoria en Rede.