O PP quere saber se o de Arnaldo Otegi é un dos nomes que baralla o BNG para rebautizar a rúa Javier Puig
Por Oskar Viéitez
Co inicio das obras en Javier Puig e tras o acordo plenario aprobado cos votos do BNG e Marea Pontevedra, os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular queren saber "se o de Arnaldo Otegi é un dos nomes que barallan os nacionalistas para rebautizar esta rúa".
A concelleira popular, Aurora Cañizares, xa apuntou esta idea na súa intervención no pleno do pasado luns.
Para chegar a esta conclusión o PP local sinala "o feito de que membros do BNG participasen na comitiva que recibiu a Otegi tras saír do cárcere", e tamén "o apoio expreso dos nacionalista á súa participación nas vindeiras eleccións autonómicas", ou a negativa do BNG nun pleno a condenar o terrorismo de Resistencia Galega en xullo do ano 2013.
Estas razón "fan sospeitar que posiblemente sexa un dos nomes que baralla Lores para rebautizar a rúa Javier Puig", sinalaron os populares este mércores nun comunicado.
Ante esta situación, o grupo popular esixe "un pronunciamento claro" neste sentido, por parte do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Ademáis advirten que "non imos tolerar que o trato entre nacionalistas e a marea desemboque nunha denominación que falte ao respecto á democracia e menosprece o sentir de todos os pontevedreses".
RETIRADA DA DENOMINACIÓN JAVIER PUIG
Os populares insisten en que tanto o BNG como Marea Pontevedra "amosan un total descoñecemento da Lei de Memoria Histórica, pois de outro xeito non se entende esta afronta contra unha familia vinculada plenamente coa nosa cidade", sinalou o portavoz popular, Jacobo Moreira, quen lamenta que "Lores busque constantemente enfrontar aos veciños de Pontevedra con decisións que para nada están enfocadas a mellorar a calidade de vida dos pontevedreses".
Relacionadas:
-
Marea Pontevedra propón que a avenida Fernández Ladreda pase a chamarse Manuel Portela Valladares
Por Redacción |
-
As obras en Javier Puig toman o relevo ás de José Millán
Por Redacción |
-
Aplícase correctamente a Lei de Memoria Histórica ao retirarlle a rúa a Javier Puig?
Por Oskar Viéitez |
-
Marea pide cambiar o nome da rúa Javier Puig por su colaboración co réxime franquista
Por Redacción |