30.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética dos xulgados de Cambados
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Xunta de Galicia comezará nas próximas semanas as obras de mellora que permitirán adecuar a terceira planta do edificio xudicial de Cambados de cara a gañar en eficiencia enerxética. Así o anunciou o xefe territorial de Presidencia en Pontevedra, Ramón Pereiro, este martes durante unha visita aos xulgados.
En concreto, destinaranse case 30.000 euros para a substitución de vidros e carpinterías en todo o edificio e intalarase climatización na terceira planta e instalarán vinilos neste lugar do xulgado.
Segundo informou a Xunta, Ramón Pereiro visitou os xulgados de Cambados para coñecer tecnicamente a situación actual do edificio acompañado pola xefa do Servizo de Xustiza, Marta Mariño, e polo xefe do Servizo de Obras e Infraestruturas Administrativas, José Manuel Rodríguez Ruibal.
Pereiro explicou que están a traballar para buscar solución a un dos problemas máis habituais, a situación climatolóxica do edificio. O obxectivo é mellorar a calidade de habitabilidade deste edificio para funcionarios e usuarios.