A Policía Local do Grove saca o radar este martes para facer controis de velocidade
Por Redacción
A Policía Local do Grove dispoñerá esta semana do radar de tráfico para facer controis de velocidade. O vehículo, que é empregado habitualmente polos municipios para a realización de campañas de control de velocidade nas zonas urbanas das vilas, dispón dun radar e atópase identificado coa imaxe de tráfico.
A campaña busca lembrarlle aos condutores a necesidade de manter a velocidade adecuada dentro do centro urbano. Con esta iniciativa preténdese evitar que se rexistren comportamentos inadecuados.
O vehículo instalarase nas rúas Teniente Domínguez, Xoán XXIII e Avenida de Portugal.