A xuíza da Pokemon reclama ao concello de Ponte Caldelas o contrato con Aquagest
A xuíza de Lugo, Pilar de Lara, que instrúe a Operación Pokemon e a súa segunda fase, denominada Manga, estendeu a súa investigación a Ponte Caldelas. Desta forma, xa son quince os concellos afectados por unha causa dirixida a desmantelar unha suposta trama dedicada a conseguir contratos de servizos e obras municipais mediante supostos sobornos.
No centro da investigación estaría a empresa Aquagest, dedicada á prestación de servizos hidráulicos. Segundo informa Xosé Antón Taboada no Faro de Vigo, os axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira presentaron un requerimento para que informasen ao xulgado de Lugo que instrúe a Operación Pokemon de todos os contratos que teñen con Aquagest.
No caso de Ponte Caldelas, Aquagest acaba de facerse co servizo para cobrar os recibos do auga, cando ata agora encargábase o ORAL, o organismo de xestión tributaria e recaudación da Deputación de Pontevedra. Segundo o alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, no requerimento, a xuíza Pilar de Lara interesábase concretamente por este contrato polo que Aquagest empezou en 2012 a cobrar pola lectura de contadores e as facturas da auga.
"Se presentaron en el ayuntamiento y pidieron toda la documentación que tuviese que ver con ese contrato", recoñeceu a PontevedraViva o propio alcalde. "Se lo hemos remitido todo, no tenemos nada que ocultar". Neste sentido, Perfecto Rodríguez explicou que "estoy muy tranquilo". Asegura que o contrato con Aquagest fíxose "porque el ORAL no cobraba por el consumo", algo que penalizaba as arcas municipais. "Queríamos empezar a cobrar, se hizo un concurso público en la que se presentaron varias empresas y nos ofreció la mejor oferta".
En todo caso, Perfecto Rodríguez cre que este requirimiento repetiuse "en todos los concellos que en los últimos años hemos firmado algún contrato con alguna de las firmas investigadas" polas tramas Pokemon e Manga. Referíase o rexedor ás firmas Aquagest, Véndex e GRS. Pero insiste: "en Ponte Caldelas no estamos preocupados en absoluto, nuestra colaboración con la justicia será total".
Segundo fontes da investigación, as investigacións de Concello de Ponte Caldelas, vencelladas á ramificación da operación Manga, repetíronse noutros dez concellos galegos, tres cataláns e un asturiano. Ademais do concello pontevedrés, a xuíza que instrúe o caso dirixiu as súas pescudas, entre outros, cara os municipios coruñeses de Santiago de Compostela, Valdoviño, Ortigueira, Cedeira ou Bergondo, concello este último onde rexistraron as oficinas de Aquagest.