A Escola Naval Militar de Marín recibe 96 novos alumnos
Por Redacción
A Escola Naval Militar de Marín acollía este xoves 18 de agosto a 96 novos alumnos, entre os que figuran 15 mulleres, de acceso directo pertencentes aos Corpos Xeral, Infantería de Mariña, Intendencia, Enxeñeiros e Militares de Complemento.
Estes novos alumnos foron recibidos polos seus respectivos mandos inmediatos na porta de Carlos I. A continuación, desfilaron ata as inmediacións do patio de aulas "Don Álvaro de Bazán". A partir de agora iniciarase ata o próximo 31 de agosto a fase de orientación e adaptación.
59 novos alumnos pertencen ao Corpo Xeral, 13 a Infantería de Mariña, 9 de Intendencia, 6 de Enxeñeiros e 18 militares de Complemento. Todos eles peramencerán durante dúas semanas efectuando a fase de adaptación á vida militar para finalmente ingresar por promoción interna para iniciar o curso escolar o próximo 2 de setembro xunto co resto das Brigadas da Escola Naval.
No concurso de acceso para os novos alumnos das Academias e Escolas de formación de oficiais o último alumno ingresou cunha nota de 11,269 sobre 14, unha proba da esixencia que supón este ingreso para aqueles candidatos que superaron o Bacharelato e a Selectividade.
Os familiares que acompañaban aos aspirantes puideron gozar dunha visita guiada, de coñecer de preto as instalacións onde se formarán como oficiais estes aspirantes.