Solicitan catro anos de prisión para un veciño de Ponte Caldelas por abusos sexuais a un menor
Por Redacción
A Fiscalía solicitou catro anos de prisión para un veciño de Ponte Caldelas ao que acusa por abusar sexualmente dun menor de 13 anos.
O acusado é A.G.M., un home de 63 anos de idade que tiña unha relación de amizade cos pais do menor. Segundo o escrito de acusación "aproveitou tal circunstancia" para que o menor, un mozo de 12 anos naquel momento, o acompañase con frecuencia cando facía traballos de fontanería ou noutras ocasións que o levaba ao cine ou visitaba a súa casa, sita en Ponte Caldelas.
Sen poder determinar datas e lugares concretos, o acusado, desde xuño de 2010 ata mediados de setembro de 2011, segundo a fiscalía con "ánimo libidinoso", tocoulle os xenitais, nun principio por enriba da roupa e con posterioridade directamente.
"Así mesmo deulle bicos e nalgunha ocasión practicoulle felacións", relata o Ministerio Fiscal, ata que na tarde do día 13 de setembro de 2011 a nai do menor "sorprendeu ao acusado acariñándolle as pernas e os xenitais a este na súa habitación".
A Fiscalía entende que estes feitos son constitutivos dun delito continuado de abusos sexuais a menores de 13 anos, polo que procedería impoñerlle unha pena de catro anos de prisión. Ademáis solicita unha indemnización de 3.000 euros.
A Sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou o xuízo para o xoves 27 de setembro.