Ferida unha persoa nun incendio declarado nunha chabola en Vilagarcía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha persoa foi evacuada con queimaduras nun brazo e por inhalación de fume por mor dun incendio declarado nunha chabola, en Vilagarcía.
O incendio declarouse ao redor das 13:30 hohras na Rúa Depuradora, cerca do campo de fútbol de Verdóns.
Cando os efectivos de urxencia chegaron ao lugar atopáronse unha estrutura de madeira e debilitada, co lume xeneralizado na sala e a cociña, primeiras instancias da vivenda, segundo informou Protección Civil de Vilagarcía.
O incendio conseguiuse atallar antes de que afectase a dúas habitacións situadas na zona posterior, nas que había unha "carga importante" de combustible.
O Servizo Municipal de Urxencia de Vilagarcía desprazou tres dotacións, e ademais o CAE 112 pediu colaboración ás forzas da orde.