A Feira Gastronómica de Produtos Galegos regresa un ano máis a Montalvo
Por Redacción
Montalvo acollerá esta fin de semana a XVII Feira Gastronómica de Produtos Galegos, un evento organizado pola Asociación Cultural San Cayetano en colaboración con Terra de Sanxenxo.
Para a ocasión, dispoñeranse de varias exposicións e stands con creacións en madeira, coiro e palla, produtos tradicionais como mel, licores e aguardientes, viños, queixos, ou doces, que farán as delicias dos presentes congregados nesta cita gastronómica e artesanal.
A apertura da feira prevese para as 12.30 horas deste venres cos stands de degustación. Será o sábado cando o programa estea máis apertado, coa celebración dunha misa cantada na capela de Arra, pasarrúas e baile rexional e, ás 14 horas, presentación e exposición do libro El coto y Priorato de San Amaro de José Manuel Abel Expósito.
Pola noite, terá lugar o III Serán dos Loureiros que comezará ás 23 horas nas proximidades da praia de Montalvo. Os 10 primeiros participantes en anotarse, terán un agasallo especial e os organizadores da Feira Gastronómica invitaranlles a uns aperitivos.
Haberá ademais sorteos no transcurso da noite.
Durante a xornada do domingo continuarán as exposicións de artesanía galega e dos traballos de pintura correspondentes ao I certame ao aire libre, cuxos premios entregaranse na carpa ás 20 horas.