Nin a choiva detén o Xantar da Terceira Idade nas Ermitas
Por Redacción
Preto de 400 persoas déronse cita na Carballeira das Ermitas para gozar do tradicional Xantar da Terceira Idade organizado polo Concello da Lama.
Nin a choiva, presente durante boa parte da xornada, puido parar a celebración, xa que se instalou no lugar unha carpa á vista das previsións meteorolóxicas.
A comida estivo amenizada pola Charanga Os Encerellados de Campo Lameiro
"Pese á choiva que empañou un pouco o día, a xornada estivo moi ben, con moita xente que disfrutou dun encontro que xa é unha tradición na Lama e co que pretendemos homenaxear e recoñecer o labor daquelas persoas que ao longo da súa vida foron exemplo de esforzo, traballo e sacrificio polos seus seres queridos", sinalou trala celebración o alcalde da Lama, Jorge Canda.