O Grove quere rematar co caos nas estradas polo exceso de sinais
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Tal e como se anunciara no programa electoral do grupo de goberno, o Concello do Grove inicia esta semana os traballos de mellora da sinaléctica do pobo.
Como primeiro paso publicouse un bando no que se solicita que os propietarios de sinais na vía pública (carteis indicadores na súa maioría) deberán presentar no concello no prazo de dous meses os correspondentes permisos ou autorizacións que lle permiten contar con esa sinal ou elemento publicitario.
Unha vez rematado ese prazo o Concello comezará coa retirada daqueles elementos que non conten coa correspondente autorización dos organismos pertinentes en cada caso. Este é un primeiro paso para poder reorganizar unha sinalización que resulta, hoxe por hoxe, caótica, excesiva e moi confusa.
Trátase dun plan a longo prazo que requeirá de traballo durante a lo menos un ano, pero que pretende conseguir unha maior organización e racionalidade do espazo público.
De xeito paralelo tamén se ten elaborado un informe sobre a sinalización nas praias que permitirá abordar este ámbito en concreto nos vindeiros meses.