O Parque dos Sentidos esmorece polo "abandono do Concello", segundo o BNG
Por Redacción
Xardíns secos, unha lagoa artificial sen auga, lixo esparexido polo lugar ou xogos inutilizados. É a descrición da situación de "abandono dos responsables municipais" do Parque dos Sentidos de Marín, segundo denuncia a agrupación local do Bloque Nacionalista Galego.
"O traballo de xardiñería efectuado polo persoal da Fundación Juan XXIII estase a estragar porque, inexplicablemente, hai semanas que ninguén se preocupa de que o rego automático do que se dotou o parque", explican desde o BNG.
Para o grupo da oposición o Concello "non presta ningún tipo de vixilancia e mesmo de coidado", e remarcan que se pode apreciar como o mobiliario está estragado ou mesmo son visibles restos do 'botellón' dos mozos.
Desta forma o Parque dos Sentidos atópase "totalmente deteriorado sobre todo en comparación a como o recebiu o goberno do PP non ano 2011", argumentan.
Para o grupo nacionalista a imaxe que ofrece Marín co aspecto actual do parque é "penosa" nunha época na que recibe numerosos visitantes e cando os veciños da localidade contan con máis tempo para gozar dos espazos públicos.
Relacionadas:
-
"Estado lamentable" do Parque dos Sentidos e demanda de mantemento
Por Redacción |
-
Lavado de cara ao Parque de Briz
Por Redacción |
-
O Concello de Marín replica ás críticas de abandono do BNG e contraponas con datos da súa planificación
Por Redacción |
-
Posta a punto nos parques infantís de Marín
Por Redacción |
-
Marín ten moito que ver… desde os seus miradores
Por Redacción |