Arden dúas cociñas, unha en Xeneral Rubín e outra na rúa Pai Luís
Por Diego Torrado
Os Bombeiros de Pontevedra tiveron que intervir este sábado por dous incendios rexistrados nas cociñas de dous pisos de Pontevedra.
Un dos sinistros tivo lugar ao mediodía na rúa Xeneral Rubín.
A orixe do suceso atopouse nun descoido. Os propietarios da casa esquecéronse de que deixaran unha cazola ao lume, e esta despois dun intre empezou a arder ocasionando algúns danos na estancia.
Máis graves foron as desfeitas ocasionadas de madrugada nun primeiro piso do número 4 da rúa Pai Luís.
No momento no que se produciu o lume non había ninguén no interior da vivenda.