Unha persoa ferida nunha colisión múltiple en Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un accidente de tráfico no que se viron implicados tres vehículos saldouse cunha persoa ferida en Sanxenxo.
O sinistro tivo lugar na rotonda situada na saída da VG-4.1 na Lanzada.
Foi un familiar dun dos condutores implicados o que se puxo en contacto co 112 Galicia ás 17:00 horas desta tarde.
O CAE 112 Galicia alertou deseguido a Urxencias Médicas. Tamén se informou aos Bombeiros do Salnés, ao GES de Sanxenxo, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.