Suspenden o xuízo por unha violación a unha nena de nove anos ao faltar varias testemuñas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra suspendeu o xuízo sinalado para este martes contra un home ao que o Fiscal acusa de violar a unha nena de nove anos.
A ausencia de varias testemuñas propiciou que o tribunal decidise suspender a vista para que estas persoas sexan citadas e acudan a xuízo.
A Fiscalía solicita 14 anos de prisión para o acusado por un delito de agresión sexual.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia facilitou o escrito da acusación no que o fiscal sinala que o acusado, maior de idade e sen antecedentes penais, entrou en 2003 no dormitorio da menor e con "ánimo libidinoso" agarrouna para tirala sobre a cama.
Segundo o escrito, o home procedeu a quitarlle o pantalón e a roupa interior cunha man mentres coa outra agarraba á nena violándoa a pesar da oposición e os berros proferidos pola menor.
O caso procede do xulgado de instrución número 3 de Tui. E o Ministerio Fiscal solicita tamén que o acusado sexa condenado a indemnizar á nena con 30.000 euros polos danos morais ocasionados.
Relacionadas:
-
O fiscal mantén a petición de 14 anos de cárcere para o acusado de violar a unha amiga da súa fillastra de 9 anos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un xuízo por violación a unha nena de 9 anos saca á luz máis vítimas: "Eu sufrín acoso por parte desta persoa"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Fiscalía solicita 14 anos de prisión para un home acusado de violar unha rapaza de nove anos
Por Redacción |