Isto verá quen visite o campanario da Peregrina
Por Oskar Viéitez
Proximamente as torres do campanario da igrexa da Peregrina abriranse ao público para a súa visita en pequenos grupos.
A Confraría da Virxe Peregrina está a tramitar os permisos para que aquelas persoas interesadas poidan acceder ao máis alto do emblemático santuario.
A iniciativa conta co permiso do Arcebispado de Santiago pero falta a autorización por parte de Patrimonio, xa que se trata dun monumento histórico-artístico catalogado como Ben de Interese Cultural, polo que o seu nivel de protección esixe un especial coidado.
O tique que se cobrará polas visitas axudará ao financiamento dos gastos do monumento. Agora cóbrase un euro aos persoas que queren acceder ao coro, na parte alta do interior da igrexa en forma de cuncha de vieira.
Á espera de que chegue este permiso para subir ao campanario da Pregrina podemos ir facendo boca con algunhas das imaxes que tomou o fotógrafo Juan Mejuto, colaborador de PontevedraViva, durante unha visita ao campanario durante os traballos de acondicionamento do tellado do templo.