Pontevedra acollerá o Symposium nacional sobre Árbores Singulares
Por Redacción
Pontevedra acollerá os días 27 e 28 do próximo mes de outubro o Symposium nacional sobre Árbores Singulares.
Despois da primeira reunión, celebrada en Madrid, o Grupo de Árbores Singulares quere avanzar na sistemática do proceso de selección dos distintos exemplares así como na integración no mesmo dos investigadores e técnicos cos simpatizantes e público en xeral que gozan do noso patrimonio vexetal.
Nesta reunión presentaranse varios relatorios que aínda que centradas en Galicia, poden ter interese nas demais rexións de España, de forma que poidan permitir unha mellor xestión e coñecemento dos exemplares para conservar.
O obxectivo da reunión é fomentar o intercambio de ideas, tecnoloxías, metodoloxía e oportunidades no ámbito das árbores singulares e dar a coñecer a situación dos mesmos na Comunidade Autónoma de Galicia.
A reunión conta co respaldo da Sociedade Española de Ciencias Forestais, a consellería do Medio Rural, a Axencia Galega de Innovación e Bosques sen Fronteiras.
Ademais está programadas visitas aos Xardíns de Vicenti e á parte vella da cidade de Pontevedra así como a varios xardíns emblemáticos da provincia, con numerosos exemplares e formacións incluídas no Catálogo Galego de Árbores Singulares. Entre outros, os asistentes acudirán ao Xardín Botánico de Lourizán, ao castelo de Soutomaior, aos Xardíns do Pazo Torre de Agrelo, ou aos do Pazo de Quiñones de León/Parque do Castro en Vigo.