O Mosteiro recupera o seu esplendor coa Feira Labrega
Por Diego Torrado
O Campo da Feira do Mosteiro, en Meis, volveu este domingo a principios de século XX.
Por aquel entón o seu mercado era unha dos principais mercados gandeiros e agrícolas do rural galego, un recordo que veciños e visitantes quixeron honrar de novo.
Labradores, afiadores, carpinteiros, ferreiros ou panadeiros, entre outros, deron lustre ao mercado desta cita tradicional, na que o gando é o principal protagonista pero no que tamén houbo lugar para un bo xantar popular.
A deste domingo é a novena edición da Feira Labrega, organizada pola asociación Cabemeis coa colaboración do Concello.