Ao cancro vénceselle bailando
Por Diego Torrado
O Centro Social Afundación de Pontevedra acolleu este sábado o Festival Solidario Contra o Cancro organizado pola academia de baile Odisea Factory Dance.
Por cuarto ano consecutivo a academia organizou o evento, co que pretende recadar fondos para a Asociación Española contra o Cancro, entidade á que irá destinada a recadación.
Os asistentes puideron comprobar as evolucións dos alumnos, nenos e adultos, con diferentes actuacións de diferentes estilos.
O auditorio pontevedrés presentou unha grande entrada, especialmente grazas á presenza e colaboración de familiares e amigos dos bailaríns.