Marín, vila moteira
Por Diego Torrado
Éxito de participación na XI Concentración Moteira Vila de Marín, que encheu de actividades a fin de semana da localidade.
Os amantes das dúas rodas gozaron ao máximo do evento organizado por Free Bones Bikers en colaboración do Concello.
Exhibicións de motos transformadas, xogos populares, acrobacias, a ruta con antorchas polo centro urbano, cea e animación musical completaron a xornada principal de sábado.
A concentración conclúe este domingo cunha nova exhición e unha sesión vermut.
O momento máis emotivo da fin de semana foi ademais a homenaxe aos motoristas falecidos este ano, entre os que se atopa o presidente do club organizador, Blas Fernández.