Unha xuiza reprocha ao Concello que non responde as alegacións dun condutor que recorre unha multa
Por Natalia Puga
A maxistrada do Xulgado do Contencioso Adeministrativo número 2 de Pontevedra bota unha pequena reprimenda ao Concello de Pontevedra. Repróchalle a forma na que obrou ante un veciño da cidade que recorreu unha multa de estacionamento imposta pola Policía Local e ao que agora o xulgado acaba de darlle a razón retirándolle a sanción imposta. A crítica da xuíza diríxese a que na tramitación do expediente deste condutor non se deu resposta ás queixas do recorrente e inclúe unha reprobación sobre a forma na que se sinalizan as prohibicións puntuais de estacionamento nas rúas da cidade.
"As resolucións que obran no expediente incorren de defecto de motivación, pois non dan resposta aos aspectos indicados polo denunciado, senón que reproducen argumentos xenéricos válidos para case calquera expediente por infracción en materia de tráfico", reprocha nunha sentenza recén emitida pola que invalida unha multa imposta en xullo de 2011 no ámbito da Praza de Touros, libera o condutor de pagar os 100 euros e condena ao Concello ao pagamento dos custos do proceso.
A Policía Local multou o citado condutor nunha semana na que se colocaran sinais provisionais de prohibición de estacionamiento nas rúas que rodean a Praza de Touros para realizar tarefas de limpeza. Os citados sinais instaláronse, como vén sendo habitual na cidade, en valos de obra, e indicaban que as restrición de aparcadoiro se aplicaban en distintos días en distintas rúas. A multa sinalaba que o coche do sancionado estaba aparcado nunha zona na que ese día xa estaba prohibida.
O coche foi retirado pola grúa e, unha vez recibida a multa, o propietario presentou unha alegación indicando que os sinais provisionais estaban movidos con respecto á súa colocación inicial, de tal forma que manipulación manual dos propios condutores ou mesmo polo vento situou os sinais en lugares diferentes. O condutor alega que o estacionou nunha zona na que segundo o valo co cartel de prohibido aparcar el aínda podía ter o coche estacionado naquela praza aquel día, que a limitación afectaba a outras zonas.
Os policías consideraron que, non que segundo a planificación inicial, naquel punto da rúa xa estaba prohibido aparcar aquel día Na súa alegación, o condutor achegou fotografías do valo situado ao lado do coche cando o retiraron, que lle daba a razón.
"As sinais regulamentarias garanten a inamobilidade e a visibilidade, que son garantías que desaparecen cando a sinalización apenas supera un metro"
A pesar de que alegou ata en tres ocasións, o expediente sancionador confirmouse en todas elas con resolucións que "non" dan resposta aos aspectos indicados polo denunciado, senón que reproducen argumentos xenéricos válidos para case calquera expediente por infracción en materia de tráfico". Finalmente, o caso chegou ao xulgado.
A sentenza dá razón ao condutor e sinala que non se pode acreditar que cometese ningunha infracción e que, ademais, o Concello de Pontevedra vulnerou o principio de seguridade xurídica do demandante "pois se alega unicamente a presunción de veracidade do axente denunciante", sen entrar a valorar as cuestións que o afectado expuxo nos seus recursos iniciais.
A xuíza insiste no carácter "provisional" da sinalizacion e cuestiona a súa validez, xa que non se trata nada máis que dun cartel en ocasións plastificado colgado en valos móbiles nos que se indica a prohibición de aparcar e as datas e horas nas que entra en vigor. ÿ a utilizada durante festas como, por exemplo, o recente desfile de Entroido, para o que se prohibe estacionar en todo o percorrido por cuestións de seguridade.
Nestas críticas á sinalización, un pequeno tirón de orellas ao Concello de Pontevedra, a xuíza cre que a sinalización "debería ser máis clara e precisa" xa que "o feito de ter colocado varios carteis indicando a limitación de estacionamento en distintos días e horas segundo os tramos, pode inducir a erro, se non se fan neles maiores especificacións".
"Os sinais regulamentarios garanten a inamobilidade e a visibilidade, que son garantías que desaparecen cando a sinalización apenas supera un metro de altura sobre a calzada, podendo quedar oculta entre vehículos estacionados, e é inadvertida por calquera persoa, sinalando o propio denunciante a posibilidade de confusión por existir varios sinais delimitando cada zona", dita a xuíza.