Os do "pichi" andan por Marín
Por Oskar Viéitez
Marín cheira estes días a pichi, chapapote ou, se prefiren, asfalto.
Na fin de semana procedeuse ao asfaltado da Praza de España para corrixir a morea de fochancas e a gravilla levantada por toda a zona.
Operarios do Ministerio de Fomento realizaron estas tarefas xunto co pintado. Pola súa banda, o Concello repuxo as flores e acondicionou a rotonda da farola.
O tempo asollado destes días permitiu avanzar con estes traballos.
Ademáis este martes asfaltáronse uns tramos na rúa do Forte que estaban en moi mal estado.
Actuouse a primeira hora da mañá, aínda que foi preciso cortar esta vía que comunica coa PO- 551 cara a Bueu.