A Zona Monumental celebra o fin de curso cunha festa
Por Redacción
Cumprindo puntualmente coa súa cita cos máis pequenos, o Centro Comercial Zona Monumental organiza unha nova edición da súa gran festa infantil para celebrar o fin do curso escolar.
Celebrarase este mércores 22 de xuño, en horario de 16:30 a 20:30 horas.
Situaranse inchables repartidos polas diferentes zonas do centro histórico:
- Praza Curros Enríquez: rocódromo e xogos tradicionais
- Praza Méndez Núñez: ludoteca, taller, inchable "Saloon de vaqueiros" e ás 18 horas contacontos.
- Praza Valentín García Escudeiro: inchable "Crocodilo" e "Táboa de surf".
- Rúa Sierra: Pumptrack, tiro con arco e xogos de puntería.
E para finalizar haberá a tradicional festa da escuma, ás 19 horas na Praza da Pedreira (Mugartegui) coa participación dun DJ.