Javier Maroto visita Pontevedra nunha das paradas da "ruta social" do PP
Por Alejandro Espiño
A campaña electoral para os comicios do 26-X é inminente e, a partir de agora, será habitual que os pontevedreses nos crucemos pola rúa a eses líderes políticos aos que nos afixemos a ver nas televisións e nos xornais de tirada nacional. Así, este mércores foi a quenda de Javier Maroto, o vicesecretario sectorial do PP, un dos homes de maior proxección dentro do partido.
A súa en Pontevedra foi unha axenda intensa. Ao mediodía visitou o centro que a asociación Xoán XXIII ten en Campolongo. Alí, percorreu as instalacións e coñeceu o traballo que se realiza nese centro ocupacional con mozos con discapacidade.
"Es un proyecto con una trayectoria histórica impresionante, que ha tenido un gran apoyo institucional y tiene muchísimo sentido social", destacou Maroto, que engadiu que son iniciativas "en positivo" das que todo o país debe aprender para que na sociedade "podamos caber todos".
O dirixente popular ha sinalado que no PP "siempre estamos de lado de las personas con diversidad funcional", demostrando o compromiso de que a discapacidade é unha "oportunidad" e que é un logro de toda a sociedade cando estas persoas "muestran y aportan su nivel humano, sus capacidades, sus habilidades y su empleabilidad".
Tras esa visita, Javier Maroto mantivo unha reunión con membros do PP de Pontevedra na sede local do partido, para traballar na coordinación da campaña electoral.
Ao remate dese encontro de traballo, Maroto protagonizou un paseo por algunhas das rúas máis céntricas da cidade como a praza de San José, a rúa Oliva, a praza da Peregrina ou a praza da Ferrería, onde se fixo fotografías con numerosos simpatizantes.
Este paseo enmárcase, dixo, na campaña "humilde, modesta y pegada a pie de calle" pola que apostará o PP, falando cos veciños en todos os barrios porque "no creemos en la política de platós de televisión".
Iso si, tamén tivo tempo o vicesecretario sectorial do PP para mandar unha mensaxe desde Pontevedra ao PSOE e a Unidos Podemos. Maroto destacou que "desgraciadamante" os socialistas xa non son a alternativa ao PP, polo que pediu "a los que defendemos la moderación" que se unan e agrupen o seu voto para frear o ascenso da esquerda "extremista y radical" que identifica coa candidatura encabezada por Pablo Iglesias e Alberto Garzón.