Leiceaga vence nas primarias socialistas tanto na cidade de Pontevedra como en Galicia
Por Redacción
Xoaquín Fernández Leiceaga deu a sorpresa e venceu nas primarias celebradas este sábado 28 polo PSdeG-PSOE. Desta forma, converterase no candidato socialista á Xunta de Galicia ao impoñerse a José Luis Méndez Romeu.
En Pontevedra tamén se impuxo Leiceaga ao lograr 138 votos fronte aos 76 obtidos por Méndez Romeu. Tan só rexistrouse un voto en branco no colexio pontevedrés. Méndez Romeu contaba co apoio expreso do alcalde Abel Caballero e da presidenta da Deputación, Carmela Silva.
En Vigo obtivo 418 papeletas fronte ás 128 do seu opoñente, pero non foron suficientes para lograr a vitoria en toda Galicia. En Vilagarcía de Arousa os resultados foron 89 a 47 a favor de Leiceaga e en toda a provincia o resultado sitúase en 1.100 apoios para Méndez fronte a 790 votos para o próximo candidato socialista á Xunta de Galicia, según os datos oficiais facilitados polo PSdeG-PSOE.
Fernández Leiceaga, novo líder dos socialistas galegos, foi deputado autonómico e exerce como profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela.
Relacionadas:
-
A pontevedresa Patricia Vilán será a portavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia
Por Redacción | Creada e actualizada