Un home de 79 anos falece ao envorcar a súa embarcación de recreo en augas de Ons
Por Natalia Puga
Un home de 79 anos faleceu este sábado tras sufrir un accidente marítimo coa súa embarcación de recreo en augas da illa de Ons, en Bueu.
Segundo informou Salvamento Marítimo, a súa embarcación de recreo envorcou por razóns que se descoñecen xa só puido ser recuperado o seu corpo sen vida. Ía nunha lancha motora de sete metros de eslora que saíra a pescar horas antes dende o Club Náutico San Vicente do Mar do Grove.
O home era o único tripulante da embarcacion e foi recuperado do mar na zona do Illote As Feitosas por un remolcador. Posteriormente, foi trasladado ao porto de Bueu pola Garda Civil do Mar pouco antes das 15.00 horas.
A alerta de Salvamento Marítimo produciuse sobre as 13.00 horas deste sábado. O remolcador R-Sofía navegaba a dúas millas ao oeste de Ons cando viu unha embarcación envorcada. Se acercóc e vió o corpo do tripulante co chaleco salvavidas posto, pero xa falecido.
Puxo os feitos en coñecemento do Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, que mobilizou o helicóptero Pesca 1, un remolcador e unha embarcación da Garda Civil.