En Poio as incidencias notifícanse cunha 'app'
Por Redacción
O Concello de Poio non quere quedar atrás nas novas tecnoloxías e decidiu habilitar unha nova canle de comunicación cos veciños a través do teléfono móbil.
Faio coa aplicación gratuíta 'Línea Verde', coa que se poderán notificar as incidencias que se detecten no equipamento urbano do municipio.
A aplicación pode descargarse a través da APP Store ou a Play Store. A partir dese momento só se ten que elixir un municipio para empezar a usar o servizo.
Para comunicar unha incidencia, é suficiente con seleccionar a tipoloxía. Por xeolocalización, a aplicación encárgase de detectar de forma automática as coordenadas exactas do problema e posteriormente pódese achegar unha foto cunha breve descrición. Unha vez enviada recibirase unha notificación e iniciaranse os trámites para solucionar a incidencia.
Unha vez os traballadores municipais teñan resolto a incidencia o veciño que enviou a queixa recibirá unha notificación no seu teléfono móbil.
As incidencias tamén poderán notificarse a través da web www.lineaverdepoio.com.