Sacarán a concurso "o antes posible" as 40 vacantes na feira ambulante
Por Alejandro Espiño
O Concello de Pontevedra recoñece que a feira ambulante que cada sábado instálase na rúa Rafael Areses "non está como debería estar". Así o asegura o concelleiro responsable de Mercados, Vicente García Legísima, que insiste en que o goberno municipal traballa para "dar impulso" a esta feira. Para empezar, convocando as vacantes que hai na actualidade.
García Legísima asegura que o Concello convocará "o antes posible" o concurso para adxudicar as postos vacantes que hai no mercado, ao redor duns 40. Para iso, os técnicos municipais xa traballan na redacción das bases para que os interesados poidan optar a incorporarse a unha feira na que actualmente hai uns 60 vendedores.
Será, en todo caso, na súa actual localización despois de que os ambulantes descartasen trasladarse aos antigos terreos de Tafisa. O edil do BNG asegura que o cambio ía ser puntual, debido á celebración o día 21 de maio dunha proba deportiva que impide que a feira ocupe o seu lugar habitual en Rafael Areses.
"Nos parecía una solución axeitada para evitar a súa suspensión", reiterou García Legísima, que lamenta que os feirantes non quixesen probar o espazo suxerido para ver a resposta dos clientes a unha posible localización alternativa, para volver á semana seguinte a Rafael Areses.
Se fora aprobado os feirantes, a feira iríase para Tafisa só os días nos que se celebrase unha proba deportiva na cidade que ocupase as inmediacións do Pazo da Cultura, segundo aclarou o concelleiro responsable de Mercados.
O que si descarta de forma tallante o goberno municipal é a posibilidade de trasladar o mercadillo á Alameda ou á praza de Barcelos como suxerían os ambulantes. En ambos os casos, explicou Vicente García Legísima, habería problemas co tráfico rodado, especialmente no caso de Barcelos, xa que os feirantes propoñían, segundo este concelleiro, cortar o tráfico e instalar o mercado ao redor de toda a praza.
"Non é posible, rotundamente non", engadiu Legísima a este respecto.