![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/91c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/57335d9e63-visita-policia-3.jpg)
© Xunta de Galicia
…E o meu é policía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/438/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/57335d7b9e-visita-policia-1.jpg)
© Xunta de Galicia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/3fa/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/57335d8d34-visita-policia-2.jpg)
© Xunta de Galicia
Se hai uns días tiveron ocasión de coñecer a un papá bombeiro, os nenos da escola infantil da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra descubriron este mércores o traballo dos axentes da Policía Autonómica grazas a actividade que o centro puxo en marcha e que ten como obxectivo que os máis cativos poidan coñecer diferentes profesións.
Deste xeito, durante estes días as familias están a participar contando aos nenos a súa labor diaria en profesións coma profesor de ximnasia, médico, policía, avogado ou funcionario. É a coñecida como "Quincena das profesións".
Os 15 nenos de terceiro de Infantil desta escola puideron coñecer a labor da Policía Autonómica. Subíronse as motos e aos vehículos oficiais, usaron as sinais sonoras e de tráfico e puideron levarse a casa un carné de policía co seu nome.
Dous dos tres axentes que colaboraron na visita dos pequenos son pais de dúas nenas da clase que realizou a excursión.
A escola infantil agradece a colaboración dos pais e nais dos nenos, xa que está a permitir que os máis pequenos coñezan diferentes tipos de traballos e profesións e poidan comprender un pouco mellor o día a día dos seus proxenitores. O venres remata a actividade coa visita dun pai futbolista.