Entra á forza na casa onde vivía un coñecido e golpea un mozo que se agochaba no baño
Por Natalia Puga
Un veciño de Pontevedra de 28 anos pasou a disposición do Xulgado de Garda acusado dun delito de violación de morada tras ser detido pola Policía Nacional por entrar á forza no domicilio onde vivía antes un coñecido e golpear a un dos actuais moradores da vivenda.
Segundo informou a Policía Nacional, os feitos aconteceron sobre as 6.00 horas da madrugada do xoves ao venres nun domicilio de Pontevedra. Unha persoa chamou á Comisaría alertando de que tiña un intruso na súa casa.
O individio en cuestión supostamente chamou insistentemente ao timbre da vivenda e cando a propietaria abriu, empurrouna para acceder ao interior en contra da súa vontade. Unha vez dentro, emprezó a preguntar a voz en berro por unha persoa que, segundo declararon os afectados, xa non vive nesa vivenda.
Segundo indicou a Policía Nacional, as testemuñas relataron que o mozo estaba cada vez máis agresivo e se efrentaba a eles empeñado en que a persoa pola que preguntaba se encontraba nalgún lugar da vivenda.
Neste estado cada vez máis alterado, rematou por agredir un mozo que estaba na vivenda e que se encerrara no baño ante o temor de ser agredido. Paga peralo, antes golpeou loanza porta do baño ata provocar o desprendemento das bisagras e entrar.
Cando chegou a Policía, detivérono polos delitos de violación de morada e danos e trasladárono á Comisaría. Tras tomarlle declaración, puxérono a disposición xudicial.