A Escola Naval Militar celebrará varios actos con motivo do "Día das Forzas Armadas"
Por Redacción
Con motivo da conmemoración do Día das Forzas Armadas, a Escola Naval Militar ten previsto celebrar varios eventos de libre acceso para todas as persoas que o desexen.
Para iso, a institución militar ha programado, en Pontevedra e Marín, exposicións, conferencias divulgativas de interese xeral, concertos da Banda de Música e xornadas de portas abertas.
En Pontevedra, o Sexto Edificio do Museo acollerá unha exposición itinerante sobre a historia do mariño Blas de Lezo, titulada "El valor de mediohombre", do 24 de maio ao 5 de xuño.
Ademais haberá o capitán de navío na reserva Luís Mollá Ayuso impartirá a conferencia "Anka Motz, el Almirante de la pata de palo" ás 20.00 horas do día 24 maio.
En Marín, haberá unha xornada de portas abertas para presenciar probas do "Torneo Internacional de Pentatlon Naval" os días 24 a 11.00 horas e 25 a 17.00 horas.
Xura de Reservistas e persoal civil terá lugar o día 27 ás 11:00 horas.
Tamén está programado un Concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar. Será na Praza de Rosalía de Castro, ás 20.30 horas o día 27 de maio.
Para o día 29 de maio, en horario de mañá de 10.00 a 13.00 horas, desenvolverase unha Xornada de Puertas Abertas da Escola Naval, que incluirá visitas ao Simulador de Navegación, Planetario e Pañol Histórico.
Para as actividades de asistencia a Xura de Reservistas e Persoal Civil, así como para presenciar as probas de Pentatlon Naval será necesario anotarse previamente nas propias oficinas da primeira planta do Concello de Marín, ou ben a través do seguinte correo electrónico: alcaldia@concellodemarin.es.