Presentáronse máis de cen ofertas para tres obras que o concello de Barro sacou a subasta
Por Redacción
Presentáronse máis de cen ofertas para tres obras que o concello de Barro sacou a subasta. Por un importe de 77.717,12 euros, o gobernó local licitou por procedemento aberto co único criterio de valoración económica, tres novos proxectos financiados con cargo ao Plan de Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra.
Debido á gran cantidade de empresas que se presentaron a previsión é que a apertura d eplicas se prolongue durante máis días.
As obras son as seguintes:
- Saneamento en Fonte de Curro cun orzamento de 32.209,75 euros.
- Saneamento en Piñeiro (Portela) cun orzamento de 20.507,37 euros.
- Pista Polideportiva en San Antoniño cun orzamento de 25.000,00 euros.
Coas dúas actuacións referidas a obras de saneamento vaise a conseguir levar o servizo a máis de 20 vivendas, que xa poderán disfrutar deste servizo básico ó tratarse de núcleos que van estar conectados á rede xeral da depuradora ubicada no lugar de Piñeiro (A Portela).
A outra das obras consiste na construcción dunha pista polideportiva, que vai servir para ampliar a oferta de equipamentos, no lugar con máis densidade de poboación do municipio, e permitir que todos aqueles que queiran poidan practicar diversos deportes ó aire libre; para o que hoxe en día non existen instalación axeitadas e as que hai son insuficientes.