Un estudante do Sagrado Corazón de Praceres, finalista de monólogos científicos
Por Redacción
Pablo Fariña será o único representante galego na final de monólogos científicos 2016 que se disputa en Madrid este xoves 5 de maio con outros seis participantes de distintos puntos de España.
Fariña é un alumno de cuarto de ESO do colexio Sagrado Corazón de Praceres e logrou gañar a fase galega destes monólogos. Ese triunfo ten como premio unha viaxe a Xenebra, Suíza, cun profesor do centro. A creatividade, orixinalidade, dificultade dos conceptos expostos e a calidade da posta en escena foron determinantes para que este novo estudante fose seleccionado para a fase final.
O concurso de Monólogos de LoscosxCiencia está organizado pola Fundación Telefónica, a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) e a Cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco, en colaboración con BigVan.