Corte de auga en Marín por unha avaría en Cadrelo
Por Redacción
Dende o Concello de Marín infórmarse de que este xoves día 21 de abril terá lugar un corte de auga, que previsiblemente terá unha duración dende as 8.00 horas ata as 14.00 horas.
O motivo é unha avaría na xeral de auga que ven do depósito de Cadrelo, polo que a reparación é urxente e non hai prazo para avisar con anterioridade.
Ademais da piscina municipal, o colexio Carballal, o campo de fútbol de San Pedro e o pavillón da Raña, afectará tamén ás zonas de Viñas Blancas, San Pedro, A Raña, Bravos, Souto do Carregal, parte de A Laxe, zona alta de Pedreiras, Pituco e o Marco.
Por tal motivo, rógase á cidadanía que tomen as medidas oportunas e que comprendan a necesidade de dito corte.