Portos acomete melloras na Lonxa de Bueu por un importe de 50.000 euros
Por Redacción
Portos de Galicia está a levar a cabo diversas obras de mantemento e acondicionamento da lonxa de Bueu, ademais doutras melloras nas instalacións. Estas actuacións, solicitadas polo patrón maior da confraría, supoñen un investimento superior aos 50.000 euros.
Nas oficinas da lonxa se están levando a cabo obras de eliminacion de humidades en diferentes puntos dos paramentos interiores, así como a colocación de tarima flotante en toda a superficie, incluídos os aseos e o lixado e pintado de varias zonas.
Tan pronto as condicións climatolóxicas o permitan, acometerase a impermeabilización da cuberta da lonxa mediante a aplicación dunha capa de revestimento elástico impermeabilizante nos 670 metros cadrados da superficie.
Dentro destas obras de mellora tamén se inclúe o levantamento do paseo de madeira de Banda do Río, construído a carón dun paseo pavimentado en baldosa. Esta actuación fora solicitada polo concello para recuperar a superficie de praia que ocupa nun tramo duns 120 metros lineais e coincidentes coa beirarrúa.