O PP de Ponte Caldelas propón crear unha senda peonil entre A Insua e Silvoso
Por Redacción
Os representantes do Partido Popular de Ponte Caldelas propón unha senda peonil entre os lugares da Insua e Silvoso. Queren que se inclúa dentro do plan "Fomento da Mobilidade Sostible: Sendas Peonís e/ou Ciclistas" da Consellería de Infraestruturas a través da Axencia Galega de Infraestruturas.
A primeiros de abril, a Xunta solicitou aos concellos que realizasen propostas para sendas peonís ou ciclistas, segundo indican desde o PP. A administración autonómica prevé a construción de 170 novos quilómetros destas rutas, que se atoparán integradas na paisaxe nas estradas de titularidade autonómica.
O PP, a través do portavoz Ricardo Castro, propón a creación dunha senda entre A Insua e Silvoso, que discorra paralela á PO-244 entre estes dous lugares.
Trátase dunha distancia de 1.500 metros que, segundo os populares, pode realizarse andando e contemplan que leve a cabo unha segunda fase ou se hai fondos suficientes ata a vila pasando pola Roca.