A Festa da Fabada de Marcón chega á súa décima edición
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Campo da Festa de Marcón acollerá o vindeiro domingo, día 17 de abril, a décima edición da Festa da Fabada.
A iniciativa coa que o Marcón Atlético busca recadar fondos para "terminar a tempada sen apuros económicos", segundo recoñeceu o directivo Amador Cabaleiro, pretende repartir ata 800 racións de fabada ao longo de toda a xornada.
A festa arrincará ás 13:30 horas na carpa instalada pola organización e estará amenizada polo grupo musical S'Kándalo.
"É xa unha festa tradicional na parroquia", sinalou na presentación o concelleiro Demetrio Gómez.
A fabada, elaborada de forma tradicional e a lume lento, custará 8 euros por ración con pan, cazola de barro, culler e un vaso de viño incluído no menú.