O PP pide ao tripartito de Sanxenxo a substitución do concelleiro de Facenda
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular en Sanxenxo pediu a substitución do concelleiro de Facenda. Non piden a súa dimisión, senón o seu relevo como responsable desta área.
O portavoz popular, Telmo Martín cre que o concelleiro do BNG, David Otero, non é a persoa adecuada para levar as contas municipais xa que "non ten capacidade para dirixir unha área tan importante como Facenda".
Telmo Martín lamentou que os tres socios de goberno, SAL, PSOE e BNG, na aproveitasen a reforma do goberno local provocada pola dimisión do edil de Sanxenxo Pode, para remodelar as concellerías.
A falta dun orzamento municipal para este ano motiva esta petición do PP.
Relacionadas:
-
Sanxenxo presenta un orzamento de 22 millóns de euros
Por Redacción |
-
O goberno local de Sanxenxo pon en dúbida a credibilidade política de Telmo Martín
Por Redacción |
-
O edil de Cultura dimitido cita "confrontaciones" no cuadripartito pero avanza que "jamás" pactará co PP
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O cuadripartito de Sanxenxo avanza na elaboración do orzamento municipal
Por Redacción |
-
O PP asegura que o goberno local de Sanxenxo é "vago e ineficaz" por non aprobar o orzamento
Por Oskar Viéitez |