Chega a Pontevedra Road Safety Tunes, para concienciar aos novos da responsabilidade ao volante
Por Redacción
Pontevedra é a primeira cidade española na que se porá en marcha o proxecto Road Safety Tunes (Melodías de seguridade viaria). Será este mesmo luns, e participarán 80 mozos dos institutos de Formación Profesional do Frei Martín Sarmiento, A Xunqueira e Luís Seoane.
Safety Tunes é un proxecto europeo no que participan oito países: Austria, Bélxica, República Checa, Hungría, Polonia, Eslovenia, Holanda e España. Quere implicar emocionalmente aos mozos para que entendan a seguranza viaria como unha aposta pola vida que require responsabilidade no comportamento ao volante. O resultado principal do proxecto é a reducción de vítimas de tráfico pola diminución de accidentes entre os mozos.
Ademais de proporcionar información, o obxecto dos obradoiros que se impartirán é que os mozos creen os seus propios argumentos e mensaxes a favor da seguranza viaria e que os trasmitan entre os seus iguais para xerar unha campaña que salve vidas nas estradas.
Está previsto chegar a uns 400 alumnos directamente e a un grupo máis amplo, indirectamente
En España o proxecto está sendo desenvolvido polo Grupo de Estudios y Alternativas S.L. Gea21, que realizará 20 obradoiros en todo o territorio con mozos de Formación Profesional para realizar vídeos, tweets, “memes” e outras manifestacións creativas, e empregar as redes para difundir as mensaxes.
Está previsto chegar a uns 400 alumnos directamente e a un grupo máis amplo, indirectamente. Para incentivar a participación farase un concurso e as realizacións gañadoras difundiranse a través da Dirección Xeral de Tráfico.