Rematan os traballos de mantemento de Augas de Galicia no río Verdugo
Por Redacción
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de rematar unha acción de conservación no río Verdugo que tivo por obxectivo intentar evitar posibles asolagamentos.
Neste caso concreto, actuouse nun tramo de case un quilómetro e os traballos realizados consistiron na retirada de atasco por troncos e ramas que formaban atoamentos de distintos tamaño no leito do río, así como de madeira morta.
Todos estes labores tiveron un custo aproximado de 2.000 euros.
Pola súa banda, o Concello está acometendo as obras solicitadas pola veciñanza no lugar de Regodobargo. Os operarios municipais están rematando de arranxar un pequeno local de uso veciñal onde ensaian os membros das cantareiras de Regodobargo que sufría graves problemas de humidade e de entrada de auga.
Ademáis, o Concello procedeu a instalar un peche perimetral de seguridade no parque infantil existente na zona e reparar algún dos xogos alí esistentes que se desprenderan da súa anclaxe orixinal. Finalmente tamén se está a rehabilitar unha fonte e unha antiga poza de rego que se atopoban en moi mal estado.