A caída de cascallos dun edificio en Loureiro Crespo provoca a intervención dos Bombeiros
Por Redacción
A caída de cascallos nun edificio da rúa Loureiro Crespo provocou este martes unha perigosa situación para os viandantes, obrigando a intervir aos Bombeiros.
A situación, que se produciu pouco antes das 12:00 do mediodía, provocou que se acordoase a beirarrúa ante o risco de novos desprendementos.
Non se produciron afortunadamente danos persoais, aínda que os servizos de emerxencia víronse obrigados a traballar na fachada para poder permitir a entrada e saída dos veciños do edificio, o número 63 da rúa situado xunto ao coñecido Bar Mónica.
Ao lugar tamén acudiron axentes da Policía Local ao verse afectado nun primeiro momento un dos carrís de circulación de Loureiro Crespo.