Centos de persoas acuden á concentración automobilística de Chan da Barcia
Por Redacción
Centos de persoas acudiron á concentración automobilística realizada nas inmediacións da área deportiva de Chan da Barcia, en Ponte Caldelas.
Os participantes aproveitaron o bo tempo para realizar un periplo por varios lugares da comarca para regresar ao punto de saída e diseminarse polo centro da vila para xantar nos distintos establecementos hostaleiros.
O alcalde Andrés Díaz, que felicitou aos organizadores pola iniciativa, manifestou que Ponte Caldelas estábase a promocionar como destino turístico e punto de diferentes "quedadas" que teñen como nexo de unión o mundo do motor, ben sexa das dúas rodas ou das catro, como nesta ocasión.
Os organizadores do evento, moi satisfeitos polo resultado, están considerando moi en serio incluír a Ponte Caldelas dentro do raid de encontros deste tipo a nivel galego das magníficas posibilidades que ofrece este municipio e a boa receptividade atopada tanto nos participantes como o público en xeral.
ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DO VERDUGO
Ademais, este domingo clausurouse a exposición titulada “Muller coa cabeza e as mans” organizada pola Asociación de Mulleres Rurais do Verdugo no Centro Cultural.
O evento contou coa lectura dun conto feita por Asunción Sánchez Reboredo “Marita” así como pola interpretación de varias pezas populares feita pola agrupación musical “Laranxada de Limón”.