A Xunta avanza unha actuación de bacheo na rúa Progreso antes do asfaltado da vía
Por Redacción
A rúa Progreso será obxecto a semana próxima dunha primeira actuación de bacheado e fresado por parte da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Por iso, durante as xornadas do luns e o martes prohibirase o estacionamento en todo o trazado e cortarase ao tráfico un carril en horario de 8 da mañá ata as 19 horas. Quedará hábil para o tráfico rodado o carril de circulación en dirección cara a Pontevedra, desviándose o de dirección cara ao Grove pola Avenida de Madrid.
A concelleira de Seguridade Cidadá, Vanessa Rodríguez Búa, remitiu nos últimos meses varios escritos á Xunta lembrándolles o avanzado estado de deterioración que presenta o firme da rúa Progreso e a grave inseguridade que provoca o seu mal estado. Por iso é polo que a Xunta decidise atender esta demanda antes de Semana Santa procedendo a unha actuación de fresado e bacheado da mesma.
Con todo, a concelleira de Seguridade Cidadá seguirá insistindo para que a Consellería axilice unha actuación máis ampla de asfaltado de todo o viario, como anunciou recentemente, debido á gran cantidade de tráfico que absorbe esta estrada, unha das principais arterias de comunicación do municipio.