Ponte Caldelas, incapaz de atender á crecente demanda de vivendas en aluguer
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas ultima o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para adaptalo á nova Lei do Solo aprobada polo Parlamento galego e que obriga a modificar lixeiramente o planeamento feito.
Estas normas que redacta o Concello coinciden cun aumento sostible no padrón de habitantes e coa continua demanda de alugueiros no centro da vila onde se detecta unha falla de vivendas.
No goberno local detectaron nos últimos meses por parte das empresas adicadas á compravenda ou alugueiro de vivendas, que hai unha media dunhas 10 parellas semanais que se achegan ata eles á procura dalgunha vivenda para alugar, xa sexa un piso ou unha casa e que non atopan unha resposta satisfactoria.
O novo PXOM tamén correxirá situación de irregularidade na que estaban sumidas algunhas construcción por falla dunha ferramenta axeitada para poder normalizar, nalgún casos, vivendas que levaban anos construídas e que se atopaban fóra da normativa existente e que agora, coa redacción deste Plan Xeral poderían atopar un encaixe legal que satisfacera a todos.
As previsións do equipo de goberno de Ponte Caldelas é que o equipo redactor do PXOM remate en breve a adaptación do planeamento á nova normativa aprobada pola Xunta.